A Asociación “VIEIRO” dentro da programación de PREVENCION no AMBITO FAMILIAR, convoca A ESCOLA DE FAMILIAS a través de todos os CEIPS e I.E.S. do municipio ao igual que en anos anteriores co fin de informar e formar a pais e nais á hora de desempeñar a labor de educadores/as.
Este curso é totalmente gratuíto e poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que consigan formar un grupo como mínimo de 7 persoas.
A duración do curso será de 7 meses (de Novembro a Maio) con clases presenciais semanais dunha hora e media de duración.
O curso será impartido por psicólog@s desta Asociación na escola vella de Nétoma.
En caso de estar interesados en asistir a estas charlas informativas, rógase que por favor entregedes este recorte debidamente cuberto. Prazo de entrega ata o venres 12 de Novembro.