ESCOLA DE PAIS/NAIS



ESCOLA DE FAMÍLIAS 2019- 2020


Este curso 19-20, atopámonos de novo con que non se pode levar a cabo a escola de familias da asociación Vieiro, por non chegar ao minimo de 15 persoas interesadas. Aínda así, poderíase arrincar noutro momento se chegaramos a esa cantidade. Se estades interesados, comunicadeo, por favor, á presidenta da asociación, mediante telefono, ou correo electrónico. 

Alguns dos temas que se traballan son:  COMUNICACIÓN E AFECTO - AUTOESTIMAXESTIÓN DE EMOCIÓNS – PROMOCIÓN DA RESPONSABILIDADE NOS FILLOS/AS – RESOLUCIÓN DE CONFITOS – DISCIPLINA POSITIVA – ETAPAS EVOLUTIVAS – COEDUCACIÓN – TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA – SEXUALIDADE – ADICIÓNS – TÉCNICAS DE ESTUDO – TRASTORNOS INFANTO-XUVENÍS. 

Mais, sobretodo é un espazo de encontro onde resolver dubidas e compartir experiencias, entre familias. 

Grazas!











ESCOLA DE FAMILIAS 2016-2017 


Grazas a asociación Vieiro arrincamos coa escola de nais e pais de forma gratuita para socios da ANPA!!!!!

Grupos en funcionamento:

        .- Mercores 10h
        .- Mercores 20h30

As sesión son quincenais, de 90 minutos cada unha e durante 8 meses. Nelas trabállanse temas tan interesantes como coa autoestima, a comunicación, a resolución de conflictos, ou as emocións.





E lembrade que facerse socio da ANPA son só 15€ por familia